O alcalde anima a participar na Ruta dos Pinchos de Teis para apoiar o comercio local

A terceira edición da Ruta de Pinchos de Teis celébrase dende hoxe 1 de setembro e ata o día 18 con dezasete establecementos participantes que ofrecerán tapas a 1,80 euros.
Por o 01/09/2016 | Sección: Concello de Vigo,Vigo
O alcalde anima a participar na Ruta dos Pinchos de Teis para apoiar o comercio local

Abel Caballero participou esta mañá na presentación da terceira edición da Ruta de Pinchos de Teis na que participan 17 establecementos do barrio que ofrecerán as súas mellores propostas gastronómicas en forma de pincho por 1,80 euros.

O rexedor animou á cidadanía viguesa a degustar os pinchos que ofrecen os locais de hostalería de Teis, como unha forma de gozar do tempo de ocio e de apoiar ao comercio local que é unha peza importante do desenvolvemento da cidade.