O alcalde anuncia para 2018 un aumento das prazas de campamentos de verán

Caballero visitou este mércores o campamento municipal “Verán Ecolóxico en Navia”, no que participan medio centenar de nenos e nenas durante dúas semanas. O alcalde avanzou que haberá máis prazas no verán de 2018, pois estas actividades facilitan a conciliación laboral e familiar
Publicado por o día 23/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde anuncia para 2018 un aumento das prazas de campamentos de verán

Caballero visitou este mércores o campamento municipal “Verán Ecolóxico en Navia”, no que participan medio centenar de nenos e nenas durante dúas semanas. O alcalde avanzou que haberá máis prazas no verán de 2018, pois estas actividades facilitan a conciliación laboral e familiar. 

O “Verán Ecolóxico en Navia” oferta medio centenar de prazas das máis de 25.000 que dispuxo este verán o Concello de Vigo en campamentos e actividades de ocio infantil e xuvenil, unha cifra que o rexedor prevé aumentar o ano que vén e adaptala á demanda das familias.

Caballero asegurou que ningún neno ou nena de Vigo quedou este verán sen praza de campamento e que o goberno vigués detecta unha demanda algo maior de prazas en xullo que en agosto, polo que se incrementarán as vacantes o próximo ano nas épocas con máis solicitudes por parte das familias.

O campamento que visitou esta mañá o alcalde en Navia presenta un horario de 8 a 15 horas que os pais poden adaptar segundo as súas necesidades. Hoxe, entre as actividades destas dúas semanas, tivo lugar un obradoiro de reciclaxe con FCC que contou coa figura do Dinoseto.