O alcalde anuncia unha “gran cabalgata de Reis” que pasará polas rúas Areal e Oporto

O desfile pola cidade das Súas Maxestades de Oriente cambiará este ano o seu itinerario habitual co fin de evitar as obras que se están realizando na rúa García Barbón. Comeza ás 18:00 da tarde con recepción final na Porta do Sol e reparto de caramelos sen glute e sen azucre.
Publicado por o día 02/01/2017 na sección de Concello de Vigo,Eventos,Vigo

O alcalde anuncia unha “gran cabalgata de Reis” que pasará polas rúas Areal e Oporto

Foto: Quehacerenvigo.es

O vindeiro xoves, 5 de xaneiro, ás 18:00 horas da tarde comeza a cabalgata de Reis de Vigo, coa novidade de que a recepción ás Súas Maxestades de Oriente se fará ao remate do desfile na Porta do Sol. Será entón cando o rexedor lles entregue as chaves da cidade para que poidan repartir os regalos.

Outra das novidades, tal e como anunciou Abel Caballero, será a modificación do percorrido, xa que a comitiva partirá do nó de Isaac Peral, continuando por Areal, a rúa Oporto, García Barbón, Policarpo Sanz e a Porta do Sol. Salvaranse así as obras que se están acometendo en García Barbón. As carrozas reais repartirán entre os asistentes caramelos sen glute e sen azucre e “de pequeno tamaño” que poidan ocasionar algún incidente.

Ese mesmo día, dende as 12 da mañá os Reis saudarán aos nenos e nenas que se acheguen ao Auditorio Municipal onde haberá animacións e chocolate quente con rosca e rosquillas. Como vén sendo habitual, durante a xornada, os Reis Magos visitarán os hospitais e centros socioasistenciais da cidade.

Una respuesta para "O alcalde anuncia unha “gran cabalgata de Reis” que pasará polas rúas Areal e Oporto"

  1. Gamela   01/01/2017 at 22:24

    Después de la Cabalgata y los caramelos quizás tenga tiempo para ORDENAR a su Policía que diga la VERDAD en el juicio contra Diego que se celebrará el próximo 17 enero en el Juzgado Penal nº 2
    https://youtu.be/ISy2Ezu68w0

    Pero quizás Melchor prefiera seguir amañando su futuro electoral, mientras AMORDAZA con la MENTIRA cualquier disidencia ciudadana… No se preocupen, la verdad se abrirá camino…!

    https://www.change.org/p/juzgado-penal-no-2-de-vigo-absoluci%C3%B3n-de-diego