O alcalde apoia a candidatura de Vigo para acoller o Campionato Europeo de J70 do ano 2018

Abel Caballero recibiu este mércores a responsables da clase J70 de vela do Real Club Náutico que lle presentaron o proxecto para que a cidade sexa a sede da competición europea desta clase de navegación en 2018, un evento que considera que debe dar protagonismo ás Illas Cíes.
Publicado por o día 03/11/2016 na sección de Concello de Vigo,Deportes,Vigo

O alcalde apoia a candidatura de Vigo para acoller o Campionato Europeo de J70 do ano 2018

O encontro mantido esta mañá entre o rexedor olívico e responsables da J70 de vela do Real Club Náutico de Vigo serviu para que o proxecto da candidatura da cidade como sede do Campionato de Europa de J70 do ano 2018 reciba o apoio do Concello porque será, en opinión de Caballero, unha forma de ligar a vela co turismo e coa promoción das Illas Cíes.

Segundo explicou o rexedor, dende o Náutico botarán a andar a candidatura para que a cidade sexa elixida como sede da competición deste modelo de navegación a vela, que está tendo un número importante de seguidores, e, en segundo lugar, para que unha vez conseguido este obxectivo, o campionato se realiza en ligazón coa Illas Cíes que, entre os seus múltiples méritos, apuntou, teñen o de ser o abrigo da ría de Vigo para facela “o mellor lugar de navegación a vela do mundo, algo que tamén queremos poñer en valor”.