O alcalde asegura que “cada axente da Policía Local na rúa é garantía de seguridade”

O alcalde eloxiou esta mañá a labor da Policía Local e trasladoulles a todos os axentes “o orgullo dos 300.000 vigueses polo seu compromiso coa cidade”. Durante os actos que conmemoran o Día da Policía Local, este ano entregouselle a Cruz de Ouro do mérito policial á viúva e aos fillos de José Luis Garea, axente local de Carballo, falecido en acto de servizo cando realizaba un control preventivo de alcoholemia.
Publicado por o día 24/05/2017 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O alcalde asegura que “cada axente da Policía Local na rúa é garantía de seguridade”

O alcalde asegurou esta mañá que a Policía Local “honra á cidade coa súa labor, engadindo que “os 300.000 vigueses sentímonos moi orgullosos do seu compromiso coa cidade”. Na súa intervención durante os actos do Día da Policía Local, reiterou que “en Vigo atopar un axente na rúa é garantía de seguridade”. Atención á praias, atestados, motoristas, UMEX, Goa, Evap, Umir, Educación Vial, Relacións Cidadáns ou Emisora …todos son servizos fundamentais no desenvolvemento diario da cidade.

Tamén se referiu á perfecta colaboración co resto de Forzas de Seguridade do Estado, unha cooperación que seguirá en avance para prestar mellor servizo e “a cidade eternamente ao seu lado”, dixo. Destacou, entre outros aspectos, as tarefas humanitarias que desenvolven, coa atención a ducias de persoas no seu domicilio ou a prontitude coa que atenden calquera requerimento, mencionando, por exemplo, o incendio que o pasado 18 de maio asolou unha Escola Infantil Casiano Martínez. Nesa ocasión, os axentes tardaron dous minutos en chegar e acompañaron a nenos e coidadoras ata que todo estivo solucionado.

No acto desta mañá, ademais de recoñecer a traxectoria dos axentes que cumpren 30, 35 e 40 anos no servizo, entregouse a Cruz de Ouro ao mérito policial á viúva e aos fillos de José Luis Garea, policía local de Carballo, falecido en acto de servizo cando realizaba un control preventivo de alcoholemia.