O alcalde avanza que cubrirá o patio do Canicouva no acto de celebración do 50 aniversario do centro

Publicado por o día 26/01/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde avanza que cubrirá o patio do Canicouva no acto de celebración do 50 aniversario do centro

Abel Caballero compartiu coa comunidade educativa do Ceip Canicouva a xornada de celebración do 50 aniversario do centro nun acto no que participaron alumnos, ex alumnos e profesores e antigos docentes. O alcalde, durante a súa intervención, destacou a necesidade de investir no ensino público e avanzou que o Concello cubrirá o patio de recreo.