O alcalde avanza que xa está operativa a web para solicitar a tarxeta cidadá PASSVIGO

Desde hoxe 11 de decembro está operativa a páxina web na que se pode solicitar a tarxeta PASSVIGO, un cartón moedeiro co que se poderá acceder a todos os servizos públicos municipais, comezando polo transporte público. O Concello enviará 100.000 tarxetas antes do 19 de xaneiro.
Por o 11/12/2017 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O alcalde avanza que xa está operativa a web para solicitar a tarxeta cidadá PASSVIGO

Desde hoxe 11 de decembro está operativa a páxina web na que se pode solicitar a tarxeta PASSVIGO, un cartón moedeiro co que se poderá acceder a todos os servizos públicos municipais, comezando polo transporte público. O Concello enviará 100.000 tarxetas antes do 19 de xaneiro.  A ligazón da web https://passvigo.vigo.org/inicio

O alcalde anunciou hoxe a aprobación das instrucións para a solicitude, expedición e uso da tarxeta PASSVIGO. Trátase dun medio de pago que, usando as máis modernas tecnoloxías, permitirán acceso a todos os servizos vinculados coa administración local. Nun primeiro termo, o cartón vai funcionar co transporte urbano pero progresivamente, estenderase ao resto dos servizos municipais e incluso a outros como poderían ser os taxis, interesados en formar parte desta iniciativa. A PASSVIGO suporá comodidade para o cidadán xa que unificará nun mesmo sistema de tarxeta moedeiro varios documentos como o carné da biblioteca, o carné das instalacións deportivas, entre outros.

A expedición da primeira alta da tarxeta, así como a renovación ou cambio de perfil asociado, serán gratuítos, segundo explicou o rexedor. A solicitude poderá realizarse fisicamente ou telematicamente e o prazo de entrega será dun máximo de dez días. O usuario debe manifestar na solicitude de alta os servizos municipais que desexa incluír no seu perfil. Desde hoxe xa está operativa a web para solicitar o documento pero, tal e como avanzou o rexedor, o Concello enviará entre o 18 e o 22 de decembro as primeiras 35.000 tarxetas, as correspondentes a pensionistas, estudantes, universitarios e usuarios do bono social. Entre o 15 e o 19 de xaneiro, distribuiranse outras 65.000, neste caso para os usuarios da tarxeta verde. Deste xeito, concluíu, a partir do 19 de xaneiro haberá 100.000 tarxetas operativas.

A nova tarxeta PassVigo é un documento polivalente que identificará ao seu titular, permitíndolle acceder aos distintos servizos municipais, como tarxeta de transporte, piscinas, bibliotecas, sustituindo aos antigos carnés de socio, abonar recibos ou realizar trámites en liña a través da páxina web do Concello de Vigo.

Esta tarxeta, de uso persoal e instransferible, substitúe a outros sistemas de identificación ou de pago anteriormente vixentes para os mencionados servizos.

Unha tarxeta única para gozar da nosa cidade presente e futura, simplificando o uso dos diferentes servizos municipais nun só soporte.

En estos momentos está dispoñible xa o servizo de transporte e os demais servizos estarán dispoñibles en breve.

A nova tarxeta PassVigo estará en contínua evolución e permitirá a prestación de novos servizos por exemplo abonar recibos ou realizar trámites en liña a través da páxina web do Concello de Vigo, …