O alcalde avoga pola loita de toda a sociedade contra a violencia de xénero

Publicado por o día 04/11/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde avoga pola loita de toda a sociedade contra a violencia de xénero

Abel Caballero participou este venres na inauguración das II Xornadas Municipais: Unidas contra as violencias machistas. O camiño cara ao Pacto de Estado, que durante dous dúas abordarán esta lacra con diferentes expertas e expertos na materia.

O rexedor defendeu os dereitos da muller e destacou a importancia do papel da sociedade no seu conxunto e das administracións na loita para erradicar a violencia de xénero.