O alcalde convocará o pleno de Zona Franca que dará vía libre á Cidade do Mar na ETEA

Abel Caballero convocará o pleno de Zona Franca para aprobar os convenios da Cidade do Mar o próximo martes 25 de abril, ás 19,00 h. Así llo transmitiu persoalmente esta mañá ao reitor da Universidade co que mantivo unha reunión esta mesma mañá na Alcaldía.

O rexedor avanzoulle esta mañá ao reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, que o próximo martes 25 de abril, ás 19,00 h, se celebrará o pleno de Zona Franca que permitirá aprobar os convenios coa Xunta e coa Universidade para dar luz verde ao Campus do Mar. Tal e como explicou, o alcalde da por rematado o prazo “razoable” que lle deu á Xunta esixíndolle no nome da cidade a cesión directa deses edificios que ten na ETEA e polos que a Zona Franca “lle vai agasallar con 5,5 millóns de euros”. O rexedor reiterou a súa vontade de cooperar coa Universidade “de xeito permanente e constante” pero advertiu de que esta falta de implicación da Xunta pasará a formar parte da débeda histórica da Xunta con Vigo. Na mesma liña, lembrou os 3,5 millóns que o Concello se viu obrigado a investir na expropiación dos terreos nos que se ía construír a Cidade da Xustiza e que, finalmente, no serán usados con tal fin, segundo decisión da propia administración autonómica. Trátase, dixo, doutra “chantaxe a esta cidade”.

Respecto dos investimentos na ETEA, Caballero contrapuxo os “0 euros” que inviste a Xunta coas obras que desenvolveu o Concello: remodelación do pavillón deportivo, posta en marcha inmediata doutra parte deste pavillón, construción dun campo de fútbol, mantemento de viais, acceso desde a ETA á praia da Punta, paseo peonil ou adecuación da praia urbana.

Cooperación
Na mesma comparecencia, o alcalde avanzou que nas próximas semanas será efectiva a volta do reitorado á cidade, ao edificio municipal do Areal, onde ademais a Universidade contará cun aula para maiores. Tamén reiterou a cooperación municipal coa exposición do Pergamino Vindel así como a posta en marcha do estudo do mecanismo que permitirá ao goberno local adicar medio millón de euros a bolsas de comedor e de inglés dos alumnos universitarios.

Sube tu movil


EXPOFACIC, Feria Agrícola, Comercial e IndustrialEXPOFACIC

Publicado por Noticias Vigo

Noticias de última hora en Vigo

ETIQUETAS:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Vigo Marketing

http://www.vigomarketing.com

Diseño web, posicionamiento, marketing y publicidad en Vigo

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá