O alcalde despediu a un grupo de estudantes que viaxan a Dublín e a Manchester para estudar inglés

Vinte e catro estudantes vigueses saíron este martes con destino a Irlanda e ao Reino Unido para realizar un curso de aprendizaxe de inglés cunha bolsa de estudos do programa municipal de inmersión lingüística. Este ano serán 617 os alumnos que gocen dunha iniciativa na que o goberno local inviste 1,5 millóns.
Publicado por o día 19/09/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde despediu a un grupo de estudantes que viaxan a Dublín e a Manchester para estudar inglés

O alcalde despediu esta mañá a un grupo de 24 alumnos que gozarán nas próximas semanas da súa estancia de inmersión lingüística en Dublín e Manchester. Son alumnado que este ano comenza 4º da ESO nos centros de San Blas, San José de Cluny, Amor de Dios, Andersen, IES Carlos Casares, Nuestra Señora de la Esperanza e Santa Cristina.

Neste ano 2016, o Concello concedeu 617 bolsas de inglés nun programa no que inviste 1,5 millóns de euros para mellorar a formación nesta lingua estranxeira do alumnado vigués. En 2018, a cifra de beneficiarios ascenderá a 750 alumnos, aos que hai que sumar outros 100 da Escola oficial de Idiomas.

O Concello adxudicou 3.704 bolsas de inglés desde 2008, cun orzamento superior aos 8 millóns, unha cifra á que hai que sumar as 850 achegas de 2018 o que aproxima a 5.000 o número de beneficiarios deste programa desde o ano 2008.