O alcalde destaca a inversión de 90.000 euros na remodelación da praza superior do Mercado do Progreso

Publicado por o día 30/11/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O alcalde destaca a inversión de 90.000 euros na remodelación da praza superior do Mercado do Progreso

Tralas obras de acondicionamento do espazo, logo da retirada dos postos do mercado provisional, hoxe “abre á cidadanía” a nova praza superior do Mercado do Progreso que será a terraza do mesmo, segundo sinalou durante a visita Abel Caballero quen valorou que “está preciosa”.

O Concello investiu 90,000 euros nas obras de remodelación e máis de 4 millóns de euros na renovación do conxunto do mercado que, dixo, está funcionando ben, polo que considera que se trata dun “éxito cidadá”.