O alcalde destaca que Vigo é un modelo de cidade no tratamento das zonas verdes

Abel Caballero reuniuse este luns con responsables de Valoriza, a empresa que desde este venres será a encargada do mantemento dos parques e xardíns da cidade e transmitiulles a “importancia” do seu traballo porque será un “espello para toda España”.
Publicado por o día 12/12/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O alcalde destaca que Vigo é un modelo de cidade no tratamento das zonas verdes

Desde este venres 16 de decembro, a empresa Valoriza farase cargo do mantemento e conservación das zonas verdes da cidade, logo de que o Tribunal Económico- Administrativo Central, dependente do Ministerio de Facenda, aceptase a súa impugnación á adxudicación do contrato, segundo explicou este luns pola mañá o rexedor.

Caballero mantivo un encontro hoxe con responsables da empresa para transmitirlles a relevancia do traballo que van facer, xa que o coidado das zonas verdes, dos xardíns e das plantas é “moi importante en Vigo, xa que somos un modelo de cidade en España en beleza e tratamento das zonas verdes”. Recalcou o alcalde a “especialidade” do modelo de Vigo onde “non é que haxa parques e xardíns senón que toda a cidade é un parque e xardín; en todas as rúas, grazas ás humanizacións”.

Así, agarda de Valoriza que cumpra co servizo que será bo para a cidade e tamén para a propia empresa “como espello para toda España”.