O alcalde di que a mostra Mulleres en acción: violencia zero é un chamamento ás conciencias

Abel Caballero participou esta mañá xunto a Carmela Silva na inauguración da exposición Mulleres en acción: violencia zero que estará aberta na Casa das Artes ata o próximo 25 de novembro. Trátase, dixo, unha iniciativa “excepcional” que permite “visibilizar e chamár ás conciencias” sobre un problema social que nos afecta a todos e a todas.
Por o 07/11/2016 | Sección: Concello de Vigo,Deputación de Pontevedra,Vigo
O alcalde di que a mostra Mulleres en acción: violencia zero é un chamamento ás conciencias
Compartir en:

Abel Caballero alertou esta mañá desde A Casa das Artes da importancia de “dar a batalla dos valores para que non haxa mortes de mulleres en mans das súas parellas sen que nos escandalicemos”. Na inauguración da mostra Mulleres en acción: violencia zero, cualificou de “execepcional” unha iniciativa que permite “visibilizar e chamar ás conciencias dun problema social que precisa aínda de moito esforzo e moita convicción” para ser derrotado. Neste punto, enumerou algúns dos servizos que ofrece o Concello para as vítimas como é o Centro de Emerxencias que, financiado na práctica totalidade con fondos municipais, salvagarda mulleres de toda Galicia; os pisos de acollida ou cursos de defensa persoal impartidos pola Policía Local. Na inauguración da mostra tamén participaron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a comisaria da mostra, Paula Cabaleiro.

Mulleres en acción: violencia zero, que permacecerá na Casa das Artes ata o 25 de novembro, é un proxecto de acción artística contemporánea no espazo público para reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención no estado actual do problema da violencia machista no noso país e no resto do mundo. Trátase de dez accións artísiticas que se organizan de forma simultánea en outros tantos concellos da provincia.

Trátase dunha proposta de sensibilización para fomentar na cidadanía unha actitude crítica, ademais de favorecer a visibilidade das novas artistas galegas. A mostra promove un achegamento á arte contemporánea a través do diálogo con todos os públicos, da experiencia e da creación colectiva, incentivando a integración de mulleres e homes na loita contra unha realidade que nos afecta a todas e todos.