O alcalde eloxia a capacidade creadora do “irrepetible” Carlos Casares

A mostra “Carlos Casares e a fotografía”, organizada polo Concello e a Fundación do escritor, amosará durante un mes na Casa da Cultura Galega unha faceta creativa descoñecida do escritor con fotos do seu álbum persoal
Publicado por o día 03/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Eventos,Galicia,Vigo

O alcalde eloxia a capacidade creadora do “irrepetible” Carlos Casares

A mostra “Carlos Casares e a fotografía”, organizada polo Concello e a Fundación do escritor, amosará durante un mes na Casa da Cultura Galega unha faceta creativa descoñecida do escritor con fotos do seu álbum persoal. 

Abel Caballero felicitou aos comisarios da exposición, á Fundación Carlos Casares e á súa familia por recuperar a memoria “dun grande escritor, gran creador de cultura e un home moi importante na historia de Galicia, que reforzou a propia base da cultura galega”.

A mostra “Carlos Casares e a fotografía” achega ao público imaxes de retratos familiares e viaxes do autor e a súa familia, algunhas tiradas polo propio autor e outras nas que aparece fotografado.

No transcurso da inauguración, o rexedor salientou a capacidade creativa de Casares que foi quen de converter as súas afeccións “nunha mostra de desenvolvemento cultural, o que o fai un personaxe irrepetible, que dadas as súas facetas e riqueza persoal sacaba un proxecto cultural de cada un dos seus instantes”.

A mostra poderá visitarse na Casa da Cultura Galega ata o 3 de setembro.