O alcalde eloxia a elección de Alfonso Penela para deseñar a futura Cidade da Xustiza no edificio do Xeral

O deseño da futura Cidade da Xustiza leva a sinatura do arquitecto Alfonso Penela o que, en opinión do alcalde, “é unha garantía”. Caballero cualificou de éxito colectivo o inicio da recuperación do antigo edificio do Xeral.
Publicado por o día 05/10/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O alcalde eloxia a elección de Alfonso Penela para deseñar a futura Cidade da Xustiza no edificio do Xeral

Abel Caballero amosou hoxe mércores a súa satisfacción porque xa están fixadas as bases para que o antigo edificio do Xeral se converta na Cidade da Xustiza e polo tanto, nun dos fitos da cidade”. Respecto do “excepcional” proxecto gañador, Caballero avanzou que é “unha garantía” que leve a sinatura do arquitecto Alfonso Penela, destacando outros traballos deste profesional na Cidade Universitaria de Vigo.

Durante o acto de exposición dos anteproxectos premiados no concurso de ideas para a adaptación do complexo do antigo Hospital Xeral -que contou cunha arquitecta municipal-, o rexedor destacou que hoxe é un día “notable na cidade porque este proxecto representa a suma de demandas e de soños para avanzar xuntos”. Son moitos os vectores que se ligan en torno ao edificio do Xeral, dixo, “vimos como crecía, como perdía a súa beleza inicial, arquitectonicamente e agora imos ver como inicia a súa recuperación”. Na súa intervención, explicou que con este proxecto, froito dun éxito colectivo, dáselle á administración de Xustiza o lugar que necesita.

Una respuesta para "O alcalde eloxia a elección de Alfonso Penela para deseñar a futura Cidade da Xustiza no edificio do Xeral"