O alcalde eloxia a figura de Alfonso Zulueta, “gran vigués, gran persoa, sempre do lado das causas da cultura”

Despois de achegarse ao cemiterio de Pereiró este xoves, Abel Caballero definiu a Alfonso Zulueta de Haz como un “defensor do mundo da cultura”, un “gran vigués, unha gran persoa”, que “tan bo nome e tantos bos recordos deixou na cidade”.
Por o 29/06/2017 | Sección: Concello de Vigo,Cultura,Galicia,Vigo
O alcalde eloxia a figura de Alfonso Zulueta, “gran vigués, gran persoa, sempre do lado das causas da cultura”
Compartir en:

Despois de achegarse ao cemiterio de Pereiró este xoves, Abel Caballero definiu a Alfonso Zulueta de Haz como un “defensor do mundo da cultura”, un “gran vigués, unha gran persoa”, que “tan bo nome e tantos bos recordos deixou na cidade”.

O alcalde de Vigo lamentou este xoves o pasamento de Alfonso Zulueta de Haz, “gran defensor do mundo da cultura”, un “gran vigués, unha gran persoa”. “Vaise un home que tanto fixo, que tan bo nome e tantos bos recordos deixou na cidade”, apuntou Caballero.

O rexedor vigués valorou o legado que deixou Zulueta de Haz desde a Fundación Penzol, da Editorial Galaxia ou do Consello da Cultura Galega, entre outras entidades culturais que presidiu. Caballero resaltou que en Vigo estivo “sempre do lado das causas da cultura”