O alcalde eloxia a labor “complexa” que realizan os transitarios na inauguración de FETEIA

Abel Caballero achegouse esta mañá á Terminal de Cruceiros de Vigo para darlle á benvida á cidade aos participantes no congreso de FETEIA (Federación Española de Transitarios). Durante a súa intervención, destacou a transcendencia deste encontro nun mundo cada vez máis globalizado porque a súa “complexa” labor é sinónimo de “modernidade e eficiencia”.
Publicado por o día 22/09/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde eloxia a labor “complexa” que realizan os transitarios na inauguración de FETEIA

O alcalde de Vigo felicitou esta mañá a todos os profesionais que se dan cita na Terminal de Cruceiros de Vigo para participar no congreso de FETEIA (Federación Española de Transitarios, organización para la loxística, o transporte e a representación aduaneira). No transcurso da súa intervención, louvou a súa “complexa” labor porque son quen de poñer de acordo a exportadores, importadores, navieiras, administradores, entre outros, axentes implicados no comercio nun mundo cada vez máis globalizado. Destacou a capacidade de xerar valor engadidos dos transitarios e animounos a continuar cun traballo de especial transcendencia e pouco coñecido para o gran público. Rematou dándolles a benvida á Vigo, unha cidade da economía “que os recibe cos brazos abertos”.

No acto de inauguración tamén estiveron presentes, entre outras autoridades, Enric Ticó, presidente de FETEIA-OLTRA; Juan Uhía, presidente de ATEIA-OLTRA Galicia; Enrique López Veiga, presidente da Autoridade Portuaria; Rosa Quintana, conselleira de Pesca; e José Llorca, presidente de Portos do Estado.