El alcalde de Elx recibe a Lores e xuntos analizan como enfrontar a recuperación dos espazos urbanos para as persoas

Carlos González ve en Pontevedra un exemplo de cidade “humanizada”
Por o 25/01/2018 | Sección: Galicia,Pontevedra
El alcalde de Elx recibe a Lores e xuntos analizan como enfrontar a recuperación dos espazos urbanos para as persoas
Compartir en:

O alcalde de Elx, Carlos González, recibiu esta tarde ao alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, una visita protocolaria que foi aproveitada para intercambiar impresións sobre a importancia de recuperar os espazos urbanos para as persoas. No encontro estaba tamén Mireia Mollâ, concelleira de Relacións Institucionais e os representantes do Institut d´Estudis Comarcals del Baix Vinalopó, entidade que convidou a Lores para falar da transformación urbana de Pontevedra.

Carlos González amosou a súa satisfacción “por escuchar de primera mano las caracteristicas de la transformación que ha experimentado Pontevedra, un ejemplo de las ciudades medias e grandes que se han humanizado que, en definitiva, han contribuido con esos procesos a la mejora de la calidad de vida de los ciudadanos. Para mi como alcalde de Elx creo que es una referencia importante”.

Pola súa banda o alcalde de Pontevedra agradeceu a recepción e o intercambio de impresións sobre o que está a acontecer en Elx “hai un proceso de recuperación do espazo público e peonalización parcial bastante avanzado”. Tralo percorrido da mañá Miguel Fernández Lores foi quen de facerse unha idea de Elx “unha cidade moi compacta e con moitas posibilidades” mais subliñou diante do seu homólogo que “nós fixemos un proceso de transformacion pero cada un ten que debuxar o seu propio camiño”.

O encontro co alcalde de Elx produciuse antes da conferencia-coloquio que vai a impartir Miguel Fernández Lores na sede da Fundación Caja Mediterránea, sobre o tema “Menos coches, máis cidade”. Un foro aberto que ten como obxectivo coñecer polo miúdo o modelo Pontevedra -como se formulou, os pasos dados para acadar a transformación radical dos últimos anos, as reticencias e os apoios tidos neste percorrido…-, nun momento no que está en Elx de plena actualidade o proxecto municipal de avanzar na municipalización do centro.