O alcalde estuda cos mercados vigueses a promoción internacional dos seus produtos

Abel Caballero reuniuse hoxe coa Federación de Mercados Centrais da comarca de Vigo para abordar a súa participación na campaña internacional “Ama o teu mercado”.
Por o 26/12/2017 | Sección: Concello de Vigo,Economia,Empresas,Galicia,Vigo
O alcalde estuda cos mercados vigueses a promoción internacional dos seus produtos

Trátase da cuarta edición deste evento que se lanza desde o Reino Unido e na que Vigo ten participado con “éxito” na promoción da compra nos mercados da cidade.

O rexedor recibiu este martes a representantes dos mercados centrais vigueses para preparar a nova campaña de ámbito internacional, baixo o lema “Ama o teu mercado” coa que se quere poñer de relevo as redes de distribución da cidade e os seus produtos. Coa vista posta no mes de maio de 2018, apuntou Caballero que “estamos no proceso de decidir como vai ser a campaña, quero que estea en todos os mercados municipais para que ningún quede fóra”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.