O alcalde falou hoxe da familia acampada na rúa que reclama axuda ás administracións

Explicou Caballero que están sendo atendidos polos servizos sociais do Concello dende finais do ano 2015 e que está previsto que cobren os atrasos da Risga que lles debe a Xunta
Por o 31/08/2016 | Sección: Vigo
O alcalde falou hoxe da familia acampada na rúa que reclama axuda ás administracións

O alcalde referiuse hoxe tamén á familia acampada na rúa que reclama axuda ás administracións. Explicou Caballero que están sendo atendidos polos servizos sociais do Concello dende finais do ano 2015 e que está previsto que cobren os atrasos da Risga que lles debe a Xunta proximamente. Sen afondar nos detalles das catro axudas recibidas en diferentes ámbitos, por respecto á intimidade da familia, o rexedor informou de que nos últimos meses, o Concello deulle prioridade ás axudas da alimentación porque contaban cunha vivenda cedida engadindo que “se nestes momentos non a teñen, traballaremos para resolver esta cuestión cos fondos extraordinarios para vivenda” dos que dispón o Concello.

Caballero recalcou que “a nosa vocación de atención a esta familia e a todas as persoas que estean nesta situación é total” e apuntou que agarda que tiveran solicitado o cheque social nas tres categorías posibles: vivenda, pobreza enerxética e alimentación.