O alcalde felicita aos gañadores da fase rexional da First Lego League

Publicado por o día 14/03/2017 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O alcalde felicita aos gañadores da fase rexional da First Lego League

O alumnado do Colexio Montecastelo presentoulle ao rexedor o robot que deseñaron pensado para o ámbito da xestión de residuos e o coidado do medio ambiente, co que se proclamaron vencedores do torneo de robótica First Lego League celebrado en Burgos.

A próxima cita será a gran final nacional do concurso que se terá lugar en Logroño esta fin de semana.