O alcalde inauguró onte un novo tramo do río Lagares

Cabral estrea o primeiro tramo inacabado dunha nova senda que alcanzará os 5 quilómetros aproximadamente.
Publicado por o día 29/12/2016 na sección de Vigo

O alcalde inauguró onte un novo tramo do río Lagares

O río Lagares suma un quilómetro de senda peonil que permitirá descubrir unha parte da súa canle ata agora dificilmente accesible á cidadanía. O novo tramo abriuse a tarde de onte e arrinca na rúa Manuel Álvarez e finaliza no mercado de Cabral.

A apertura realizada non inclúe un plan de recuperacion integral do rio senón realmente un plan de adorno promovido polos comuneiros de Cabral.

O alcalde, Abel Caballero, acudiu á inauguración e acompañou á directiva da comunidade de montes de Cabral durante o paseo pola nova senda ao finalizar o alcalde prometeu ante os veciños e veciñas mais os medios de comunicación alí presentes reactivar o proxecto de Portos de Cabral que para que sexa unha realidade están a traballar no PXOM o cal dixo que estará a piques de dar a luz publica o novo plan xeneral de ordenacion municipal.