O alcalde invita á cidade a achegarse a Vigolandia, do 26 ao 30 de decembro no IFEVI

Abel Caballero presentou este mércores a décimo quinta edición de Vigolandia, que arranca o próximo martes con numerosas actividades para os máis pequenos, un certame de pintura con 5.000 nenos e nenas participantes e carácter solidario, pois será punto de recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros.
Publicado por o día 20/12/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde invita á cidade a achegarse a Vigolandia, do 26 ao 30 de decembro no IFEVI

Abel Caballero presentou este mércores a décimo quinta edición de Vigolandia, que arranca o próximo martes con numerosas actividades para os máis pequenos, un certame de pintura con 5.000 nenos e nenas participantes e carácter solidario, pois será punto de recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros. 

Un evento “moi importante”, expuso Caballero, “cita obrigada” para os máis pequenos no IFEVI, do 26 ao 30 de decembro. O 26 abre en horario de tarde, de 16 a 20 horas, e o resto de xornadas, de forma ininterrompida de 12 a 20 horas. 

No acto de presentación, o alcalde de Vigo agradeceu o patrocinio das empresas e animou a toda a cidadanía a subir ao IFEVI, pois haberá inchables, obradoiros de maquillaxe e cociña, ponte tibetana, tirolina, manualidades, xogos, atraccións, deporte, etcétera. Vigolandia mantén o seu carácter benéfico, pois será punto de recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros durante todos os días de apertura. 

A cita inclúe o tradicional certame de pintura coa participación de 5.000 escolares de entre seis e doce anos pertencentes a 35 colexios da cidade. Este ano a proposta temática do concurso foi “O Nadal”.