O alcalde levará o luns á Zona Franca a rehabilitación da Panificadora

Caballero convocou o Pleno da Zona Franca de Vigo o próximo luns, 12 de setembro, ás 17 horas, sesión na que se abordará o proxecto municipal para recuperar a Panificadora entre o Consorcio e o Concello.
Publicado por o día 08/09/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O alcalde levará o luns á Zona Franca a rehabilitación da Panificadora

Caballero convocou o Pleno da Zona Franca de Vigo o próximo luns, 12 de setembro, ás 17 horas, sesión na que se abordará o proxecto municipal para recuperar a Panificadora entre o Consorcio e o Concello. A orde do día, informou o alcalde, tamén inclúe a ampliación do PTL e o desenvolvemento do polígono industrial de Balaídos-Citroën.

O alcalde, Abel Caballero, informou este xoves da celebración dun Pleno da Zona Franca de Vigo o próximo luns, 12 de setembro, ás 17 horas, unha sesión plenaria convocada con tres puntos da orde do día, entre os que salientou o proxecto municipal de rehabilitación e recuperación da Panificadora.

Caballero anunciou que levará á sesión plenaria do Consorcio o texto que aprobou o Pleno do Concello de Vigo para que a Zona Franca se involucre “con entusiasmo” na rehabilitación e posta en valor do inmoble nun proxecto conxunto coa administración local. Ademais, abordarase a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares e o desenvolvemento do polígono industrial de Balaídos-Citroën. Tamén tomarán posesión os novos nomeamentos e representantes de RENFE e do Estado.