Alcalde de Nigrán recibe aos nenos saharauis que pasan o verán con familias da comarca do Val Miñor e Baixo Miño

O Concello aportou 2.000 euros ao programa “Vacacións en Paz”.
Publicado por o día 03/08/2017 na sección de Galicia,Nigrán,Social

Alcalde de Nigrán recibe aos nenos saharauis que pasan o verán con familias da comarca do Val Miñor e Baixo Miño

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu esta mañá á ducia de nenos saharauis que están pasando este verán no Val Miñor e Baixo Miño con familias de acollida. Os pequenos chegaron a primeiros de xullo e regresarán aos campamentos de refuxiados de Tindouf (Arxelia) en setembro. O Concello de Nigrán aporta 2.000 euros ao Programa “Vacacións en Paz” de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Ademais, a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade presidido polo propio rexedor, acábanse de aprobar 10.000 euros en axudas para provisión de alimentos nos campamentos.

Durante o encontro González entregoulles unhas mochilas co logo de “Nigrán” e diverso material escolar. Ademais falou cos cativos, que están a disfrutar moito en Galicia, e agradeceu públicamente o labor das familias que os acollen, recordando que o conflito saharaui é un conflito político ao que a comunidade internacional debe buscar unha solución que a propia ONU establece nun referendum de autodeterminación. “Ogallá algún día deixen de ter que vir porque signifique que xa están na súa casa, nun sáhara libre”, sinalou.