O alcalde ofrece “cooperación activa” ao novo comandante naval de Vigo

Publicado por o día 26/09/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O alcalde ofrece “cooperación activa” ao novo comandante naval de Vigo

Abel Caballero recibiu este luns na Alcaldía a Gonzalo Díaz del Río Fery, unha reunión “protocolaria”, segundo explicou o rexedor vigués.

Nesta reunión o máximo responsable do goberno da cidade trasladou a cooperación viguesa co comandante naval -“que ademais é vigués”- e coa Armada.