O alcalde participa na inauguración do curso académico universitario 2017-2018

Publicado por o día 08/09/2017 na sección de Concello de Vigo,Educación,Galicia,Vigo

O alcalde participa na inauguración do curso académico universitario 2017-2018

Abel Caballero achegouse esta mañá á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais para participar na apertura do curso académico 2017-2018 no que tamén estiveron presentes aos reitores das tres universidades galegas, entre outras autoridades.

A lección inaugural correu a cargo do profesor doutor Jesús Simal Gándara quen ofreceu unha conferencia titulada “Deseñando aceites de oliva gourmet en Galicia”.