O alcalde pide unidade para “repensar melloras” na Constitución “sen tocar o seu núcleo duro”

O Concello de Vigo celebrou este martes o Día da Constitución cun acto institucional no que Abel Caballero defendeu unha Carta Magna que ampara “o periodo máis próspero e democrático da historia de España” e avogou por “camiñar xuntos” na súa actualización “sen tocar as liñas vermellas”. O bando foi redactado e lido polo fiscal xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro
Por o 06/12/2017 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O alcalde pide unidade para “repensar melloras” na Constitución “sen tocar o seu núcleo duro”

O Concello de Vigo celebrou este martes o Día da Constitución cun acto institucional no que Abel Caballero defendeu unha Carta Magna que ampara “o periodo máis próspero e democrático da historia de España” e avogou por “camiñar xuntos” na súa actualización “sen tocar as liñas vermellas”. O bando foi redactado e lido polo fiscal xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este martes na Casa Galega da Cultura o acto institucional co que o Concello conmemora cada ano o Día da Constitución Española. Na súa intervención, o rexedor valorou que sería “tan bo que camiñásemos xuntos” á hora de “repensar melloras” no texto constitucional pero, “e recalquémolo, sen tocar o seu núcleo duro”.

“Son tempos de Constitución”, arrancaba o primeiro edil o seu discurso ante un auditorio cheo, para continuar alabando que “naceu desde o acordo e mostrou que estaba deseñada para abrir España á democracia”. Caballero indicou que España vive “o período máis próspero e democrático da historia” baixo a norma básica do 78, que “marcou un tempo de convivencia con pleno desenvolvemento de dereitos e liberdades mais tamén de obrigacións”.

Engadiu o alcalde que a Constitución conta con “liñas de defensa contra os fascismos e os separatimos” para garantir “a soberanía dos cidadáns de España”, en referencia á “disparatada declaración de independencia unilateral” catalana. “Os españois queremos masivamente seguir con este proxecto de nación española”, aseverou.

Por último, Caballero defendeu reformar o texto do 1978 tras corenta anos en vigor, unha actualización “sen tocar as liñas vermellas do cadro mestre que mostrou unha gran sintonía coas españolas e españois”. “Modificarémola”, valorou, “como xa se fixo, seguindo as súas normas” e “sempre que os cidadáns queiramos”.

O alcalde de Vigo tivo palabras para o autor do bando deste ano, o fiscal xefe da Audiencia Provincial, Juan Carlos Aladro, “home de leis, defensor do seu cumprimento, home docto e xusto” ao que trasladou “o noso recoñecemento, a nosa cercanía e o noso agradecemento”.

Na súa intervención, Aladro eloxiou á Constitución como “a norma que dá sentido á nosa convivencia” e “orixe á nosa democracia”, un “pacto que deu lugar ao noso estado moderno, de paz, prosperidade e liberdade”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.