O alcalde pon en valor o traballo dos deportistas vigueses de alto nivel

Publicado por o día 11/11/2016 na sección de Concello de Vigo,Deportes,Vigo

O alcalde pon en valor o traballo dos deportistas vigueses de alto nivel

O alcalde recibiu a unha representación dos 23 deportistas vigueses beneficiarios das axudas municipais para competicións de alto nivel, tanto en Europa como no resto do mundo ou das olimpíadas e paraolimpíadas, para a temporada 2015-2016.

As mozas e mozos vigueses de diferentes idades e especialidades recibiron do Concello un total de 33.000 euros e foron eloxiados polo alcalde, quen se amosou “satisfeito” polo labor que realizan e anunciou que seguirá apoiando o deporte da cidade.