Caballero censurou que o goberno galego adique 40.000 euros ao “festival máis internacional que hai en toda Galicia”, mentres que a Deputación achega case 200.000 euros e o Concello de Vigo, 210.000 euros. O alcalde anuncia para a próxima semana o envío dunha carta ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, propoñendo a sinatura dun convenio ao efecto.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves a remisión dun escrito a próxima semana ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, solicitando do goberno autonómico a sinatura dun convenio para achegar 200.000 euros á edición 2018 de O Marisquiño.
Esta cantidade é similar á que adican tanto a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo, explicou Caballero, mentres que a Xunta de Galicia este ano destinou 40.000 euros ao “festival máis internacional que hai en toda Galicia”, en verbas de Caballero.
A Deputación de Pontevedra reservou este ano case 200.000 euros ao festival de cultura urbana vigués, mentres que o Concello de Vigo superou os 210.000 euros, aos que hai que engadir o custo do operativo municipal en cuestións como a seguridade ou a limpeza, entre outras.
O alcalde reiterou o éxito da edición deste ano de O Marisquiño tamén no relativo á afluencia de xente. No marco turístico, Caballero puxo en valor que o aeroporto de Vigo creceu este mes de xullo case un 11% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, mentres que o número de pasaxeiros na terminal viguesa subiu un 10,1% no acumulado de 2017, o que “proba que a nosa teoría era certa: se en Vigo hai avións, os cidadáns os collemos”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.