O rexedor explicou que, antes de celebrar o encontro solicitado polo Conselleiro, o Concello precisa “información de todo o que fixeron: proposta, documento, petición de inscrición na lista representativa para sentarnos a falar sabendo de que falamos”, polo que demanda da administración que envíe información dos trámites realizados.
Caballero lamentou que, a día de hoxe, “o alcalde soamente sabe o que contan os periódicos” sobre a candidatura presentada pola Xunta mentres, pola contra, “teñen toda a información do que fixo o Concello nos últimos catro anos porque fixemos publicidade de todo”. Criticou amais as formas empregadas pola Xunta á hora de presentar a candidatura das Illas Atlánticas “sen apoio social” e sen representación institucional.
Noticias de última hora en Vigo