O alcalde “satisfeito” pola valoración positiva que os vigueses fan dos servizos da cidade

A enquisa do Estudio do Observatorio de Servizos Urbanos revela que o 72% da cidadanía está satisfeito coas prestacións da cidade, especialmente coa recollida de lixo, a limpeza viaria e a auga
Publicado por o día 29/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde “satisfeito” pola valoración positiva que os vigueses fan dos servizos da cidade

A enquisa do Estudio do Observatorio de Servizos Urbanos revela que o 72% da cidadanía está satisfeito coas prestacións da cidade, especialmente coa recollida de lixo, a limpeza viaria e a auga. 

Caballero valorou positivamente que soamente un 8% da veciñanza viguesa teña unha concepción negativa dos servizos municipais “e non hai unha soa cidade en España na que suceda isto. Temos un nivel de prestación de servizos excepcionalmente ben valorado pola cidadanía”.

En referencia ao Estudio del Observatorio de Servizos Urbanos que destaca que o 72% da cidadanía está satisfeita cos servizos, especialmente coa auga, o lixo e a limpeza, o rexedor apuntou que “somos a cidade máis limpa de España, cun nivel equivalente a Bilbao e Xixón. Somos as tres mellores do mundo” neste ámbito.

Así amosouse “satisfeito” polos resultados e adiantou que “imos tratar de seguir mellorándoo e facelo aínda mellor, malia que a este nivel xa é complicado”.

Subministro de materiais para obras

A Xunta de Goberno Local aprobou este martes o expediente de contratación por lotes do subministro de formigóns e morteiros, áridos, materiais de construción e materiais de ferretería por valor de 1.110.000 euros que se destinarán vías, beirarrúas e atención e desenvolvemento de obras no rural. Segundo explicou o rexedor, trátase de obras de carácter menor como asfaltados, reparacións do firme, arranxo de lavadoiros ou muros.