O alcalde sinala que as novas analíticas seguen a garantir a potabilidade da auga en todo Vigo

A auga de Vigo segue a ser 100% potable, tal e como indican as últimas analíticas realizadas das que esta mañá deu conta o alcalde. En rolda de prensa, precisou que o Concello non comezou a baldear aínda que a presa xa está por riba da súa capacidade e ten que ser baleirada
Publicado por o día 14/12/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde sinala que as novas analíticas seguen a garantir a potabilidade da auga en todo Vigo

A auga de Vigo segue a ser 100% potable, tal e como indican as últimas analíticas realizadas das que esta mañá deu conta o alcalde. En rolda de prensa, precisou que o Concello non comezou a baldear aínda que a presa xa está por riba da súa capacidade e ten que ser baleirada. 

Abel Caballero garantiu esta mañá a potabilidade da auga en toda a rede de abastecemento de Vigo, tal e como ten sido en todo momento. Aclarou que os niveis de ferro da auga están e diminuír en toda a rede e, respecto dalgunhas analíticas que onte na zona de Canido parecían suxerir dúbidas, lembrou que esta mañá estaban en 329 microgramos/ litro (moi por debaixo de 600).

En declaracións aos medios, precisou que o Concello non está aínda a baldear a pesar de que a presa de Eiras xa está a ser baleirada -seguindo a normativa legal-. O que se se está a facer, puntualizou, son limpezas en pistas deportivas para que poidan a ser usadas polos nenos e as nenas da cidade.