O alcalde sinala que Vigo xa está adscrito ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia

“Vigo fixo o que tiña que facer” asinando o convenio para incorporarse ao plan de transporte metropolitano da comunidade, apuntou Caballero, polo que no caso de desacordo das partes na súa posta en marcha, debe acudirse á vía contencioso-administrativa, tal e como recolle o convenio.
Publicado por o día 23/11/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O alcalde sinala que Vigo xa está adscrito ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia

Abel Caballero pronunciouse este mércores sobre a entrada en vigor do Plan de Transporte Metropolitano da Xunta na cidade, logo de que Vigo se adscribira ao mesmo no pasado mes de xullo “que é o que tiña que facer”. Así, quixo separar esta cuestión da posta en marcha da Área Metropolitana, xa que o transporte “é un plan da Xunta e nada ten que ver” co ente supramunicipal.

O rexedor olívico reiterou que Vigo cumpriu o seu compromiso asinando o convenio do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia e que “dende aí as interpretacións que se fagan do mesmo corresponden aos xurídicos e aos técnicos do Concello, non ao alcalde”, engadindo que se esa interpretación dos técnicos municipais e dos técnicos da Xunta de Galicia non coinciden, o convenio contempla que as discrepancias han resolverse pola xurisdición contencioso-administrativa.

Así, Caballero instou a “que se cumpra o convenio e se hai desacordo, como é este caso, que se acuda á vía xurídica”, tal e como sinala o convenio asinado.