O alcalde subliña o traballo da organización do XXVI Salón do Automóbil de Vigo

Abel Caballero participou este martes na presentación da vixésimo sexta edición dun Salón de referencia en España, que, entre o 25 de marzo e o 2 de abril, reunirá no IFEVI medio millar de vehículos de máis de medio centenar de marcas. A cita presenta ademais unha novidosa área propia adicada ao vehículo comercial
Publicado por o día 21/03/2017 na sección de Concello de Vigo,Eventos,Motor,Vigo

O alcalde subliña o traballo da organización do XXVI Salón do Automóbil de Vigo

Abel Caballero participou este martes na presentación da vixésimo sexta edición dun Salón de referencia en España, que, entre o 25 de marzo e o 2 de abril, reunirá no IFEVI medio millar de vehículos de máis de medio centenar de marcas. A cita presenta ademais unha novidosa área propia adicada ao vehículo comercial.

O alcalde, Abel Caballero, participou este martes na presentación da vixésimo sexta edición do Salón do Automóbil, Vehículo Comercial e Motocicleta de Vigo, que terá lugar no IFEVI desde o 25 de marzo ao 2 de abril.

Durante a súa intervención, Caballero felicitou á organización polo seu traballo, en particular pola súa capacidade de manter a celebración deste evento no peor da crise económica. O rexedor recordou que “Vigo é a cidade do automóbil”, unha das tres patas que ten a urbe, xunto á pesca e ao naval. Do Salón, eloxiouno por ser “un dos grandes eventos da cidade”, con cada vez “novas derivadas” como os vehículos comerciais, e animou á cidadanía a subir ao IFEVI.

Ata 31 marcas de coches, 13 de vehículos comerciais e 19 de motos, ademais de bicicletas eléctricas e motos náuticos, estarán presentes na XXVI edición, que ocupará unha superficie total de 25.000 metros cadrados do IFEVI. Os organizadores prevén unha asistencia próxima a 85.000 personas no recinto feiral, que acollerá unhas 500 unidades en exposición entre o 25 de marzo e o 2 de abril.

Segundo explicou a organización, as marcas volven escoller o Salón vigués para presentar modelos de coches e motos en primicia nacional. Dez modelos de automóbiles se presentan comercialmente por primeira vez en España nesta edición, ademais de exhibir as numerosas novidades do presente ano.

O Salón exporá grandes deportivos exclusivos á súa oferta, como o Audi R8 V10 Plus Selection 24h, un modelo fabricado pola marca xermana para celebrar os seus triunfos nas 24 Horas de Le Mans, do que soamente se produciron 24 unidades cun precio próximo aos 230.000 euros cada un.

O vehículo comercial pasa a contar cun espazo propio e diferenciado, que ocupará máis de 7.000 metros cadrados e sumará ao evento a presenza de trece marcas e múltiples modelos de furgonetas e camionetas. A gama de modelos deste novo segmento incluirá vehículos comerciais lixeiros e pesados. Para promocionalo, a cita celebra unha xornada profesional na tarde deste xoves, con acceso de balde a profesionais.

Nunha zona do IFEVI se exporán unha serie de stands con vehículos clasicos para conmemorar distintas efemérides no mundo do automóbil. É o caso do Seat 600, que cumpre sesenta anos, ou do Citroën Dyane 6, con medio século de vida.

A organización subliñou ademais as actividades complementarias que se ofertan este ano. É o caso da décima Concentración Porsche, a xornada para motos do domingo 2 de abril e as actividades lúdicas, por exemplo a pista de slot e os simuladores de conducción.