O alcalde transmítelle aos Reis Magos que os nenos vigueses “foron moi bos” este ano

Por o 05/01/2017 | Sección: Concello de Vigo,Vigo
O alcalde transmítelle aos Reis Magos que os nenos vigueses “foron moi bos” este ano

As Súas Maxestades de Oriente visitaron hoxe o Auditorio Municipal onde saudaron a todas as nenas e nenos, que aproveitaron para lembrarlles as súas peticións.

Alí recibiunos o alcalde que dixo terlles contando os nenos de Vigo se portaron moi ben este ano polo que “deben traerlles moitos regalos e xoguetes” e desexoulle á cidadanía que goce da “cabalgata excepcional”, que parte ás 18:00 horas do nó de Isaac Peral.

Ao remate, Caballero entregaralle a Melchor, Gaspar e Baltasar as chaves da cidade para que poidan entrar nas casas esta noite a deixar os agasallos.