O alcalde de Vigo continuou este xoves -coa dirección do Colexio de Avogados- a rolda de reunións para pulsar a opinión da cidade sobre o “desexo” do Goberno de España de “cancelar definitivamente” o AVE por Cerdedo e, polo tanto, deixar a Vigo sen conexión directa de alta velocidade ferroviaria a Ourense e Madrid, unha opción que para Caballero é unha “certeza”.
O Estado “condena a Vigo a ir por Santiago, para ir a Ourense incluso”, asegurou o primeiro edil, quen avanzou que comparte cos Avogados “preocupación e rexeitamento de negarlle a Vigo o seu tren de Alta Velocidade”.
“Empezo a volver a comprobar que todo Vigo quere o tren de Alta Velocidade, que nunca vai aceptar ser eliminados por Rajoy e por Feijóo dos trazados de Alta Velocidade”, manifestou Caballero, e engadiu que é posible aprobar “de inmediato” a Declaración de Impacto Ambiental da conexión por Cerdedo, “e polo tanto urximos aos ministerios de Fomento e Medioambiente a que dean o paso de aprobación da Declaración de Impacto Ambiental e procedan á contratación do proxecto do tren Vigo-Ourense-Madrid por Cerdedo”.
Noticias de última hora en Vigo