O alcalde urxe á Xunta de Galicia a reforma da estación de autobuses

A terminal de Vigo atópase nunha situación “lamentable”, recordou Caballero, sen bancos, con escaleiras mecánicas que estiveron tres anos avariadas e con choiva no interior. O rexedor reclamou novamente á Xunta que “poña a estación de autobuses nas condicións nas que ten que estar a estación dunha cidade de 300.000 habitantes”
Por o 10/01/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O alcalde urxe á Xunta de Galicia a reforma da estación de autobuses

Abel Caballero definiu de “catastrófica” e “lamentable” a situación na que se atopa a estación de autobuses da cidade, pese a que “levamos anos dicindo que a Xunta ten que poñela nas condicións que se requiren”.

Na terminal da Avenida de Madrid, “ata agora, actuacións practicamente ningunha”, aseverou o alcalde, por parte da administración responsable, a Xunta de Galicia. Caballero denunciou a ausencia de bancos, que as escaleiras mecánicas estiveron tres anos avariadas e que chove no interior do edificio, unhas “condicións lamentables”, asegurou.

“Sigo urxindo”, requeriu Caballero á Xunta, “que poñan a estación nas condicións nas que ten que estar a estación de autobuses dunha cidade de 300.000 habitantes”.

 

Noticias de última hora en Vigo

Una respuesta para "O alcalde urxe á Xunta de Galicia a reforma da estación de autobuses"

  1. Gamela   10/01/2018 at 22:29

    Hai catro anos que dixemos o mesmo pero daquela Abel andaba preocupado subvencionando máis avións en Peinador… https://flic.kr/p/fsWDxm

    Pero non temos que ir moi lonxe para atopar OUTRAS INDECENCIAS competencia de Abel !
    https://flic.kr/p/fbZW5Q

    Algunhas en primeira liña de praia https://flic.kr/p/DyVmwU

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.