A Alcaldesa de Mos confunde as suas funcions

Negase a recibir a directiva da asociación de vecinos de Petelos, se están presentes os concelleiros e directivos pertecentes a GañaMOS.
Publicado por o día 07/05/2016 na sección de GañaMOS

A Alcaldesa de Mos confunde as suas funcions

O dia 2 de maio a Alcaldesa Nidia Arévalo negouse a realizar a reunión prevista coa Directiva da Asociación de Veciños de Petelos se estaban presentes a Presidenta, Aurora Giráldez e o voceiro Fco. Vázquez Troitiño, alegando que o Grupo GañaMOS, ao que pertencen estes dous concelleiros, relata que nas redes sociais de GañaMOS fan referencias a corrupción do Partido Popular da que a Alcaldesa é Vicepresidenta Provincial e voceira na Deputación.

Estes dous concelleiros trataron de convencela de que son aspectos totalmente diferentes: o debate político e a representatividade da Asociación de Veciños de Petelos e que eles nas expresións políticas nunca actuaran como directivos da Asociación se non como membros de GañaMos; e no marco da actividade política. Ela insisteu en mesturar estes dous aspectos e os dous Concelleiros, ante tal intransixencia da Alcaldesa decidiron retirarse da reunión para non perxudicara aos veciños e esta púidose celebrar sen eles presentes como así sucedeu. A Alcaldesa reafirmouse na súa postura anunciando que non recibiría no futuro a esta Directiva se estaban presentes os dous concelleiros.

“Consideramos que esta forma de actuacíon da Alcaldesa de Mos é totalmente partidaria e sectaria xa que identifica  a representatividade que como Alcaldesa ten de todas as mosensas como de todos os mosenses cos intereses, imaxe e representatividade do PP”, di GañaMOS. “Entendemos que o seu entusiasmo co Partido Popular a leve a defendelo como dirixente que é”, resaltan os dous afectados pola actitude de Nidia Arébalo e engaden que “cando actúe como Alcaldesa de Mos o faga como miltiante do PP e non como Alcaldesa”, simplemente aos dous afectados resultalles “lamentabel e bochornoso xa que implica unha falta de respecto a todos os veciños e a todas as veciñas e a posta das Institucións ao servizo dun Partido Político”.