O vindeiro luns, 30 de outubro, o programa ‘Encontros coa alcaldesa’ reunirá no marco do Pavillón Óscar Pereiro á rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e ós/ás deportistas e usuarios/as de instalacións deportivas do municipio.
Dende o Concello anímase aos interesados en participar a achegarse ata o pavillón o luns día 30 ás 19.00 horas.
‘Encontros coa alcaldesa’ é unha iniciativa pensada para que os diferentes colectivos sociais do Concello de Mos poidan charlar de ti a ti e en persoa coa rexedora local, Nidia Arévalo, facerlle consultas, plantexarlle suxerencias, trasladarlle opinións, etc.
Os seguintes colectivos aos que se convocará serán o alumnado do Instituto, empresariado, voluntariado e asociacionismo social, mulleres, agrupacións culturais, mocidade en xeral, universitarios, etc. Ata o de agora xa se realizaron ‘Encontros coa Alcaldesa’ para maiores, persoas con discapacidade e as súas familias, e pais e nais de escolares mosenses.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.