Mañá o programa ‘Encontros coa alcaldesa’ reunirá no marco do Parque de Sanguiñeda (se chove trasladarase ao interior do Colexio Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda) á rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e aos pais e nais de alumnos/as do municipio.
Dende o Concello anímase aos interesados en participar a achegarse ata Sanguiñeda mañá mércores, 31 de maio, ás 19.30 horas.
‘Encontros coa alcaldesa’ é unha iniciativa pensada para que os diferentes colectivos sociais do Concello de Mos poidan charlar de ti a ti e en persoa coa rexedora local, Nidia Arévalo, facerlle consultas, plantexarlle suxerencias, trasladarlle opinións, etc.
Os seguintes colectivos aos que se convocará serán o alumnado do Instituto, empresariado, agrupacións de persoas con discapacidade, deportistas e usuarios de instalacións deportivas, voluntariado e asociacionismo social, mulleres, agrupacións culturais, mocidade en xeral, universitarios, etc.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.