ALCER dedica o día mundial do rila á muller que ten enfermidade renal, ao concidir coa data do día da muller

Por o 07/03/2018 | Sección: Salud,Social
ALCER dedica o día mundial do rila á muller que ten enfermidade renal, ao concidir coa data do día da muller

Con motivo da celebración do Día Mundial do Ril, e este ano, baixo o lema “Enfermidade renal e muller”, xa que coincide coa celebración do Dia Mundial da Muller, dende ALCER queremos darlle visibilidade ás mulleres con esta doenza. Para elo, elaborouse un vídeo clip protagonizado por mulleres con enfermidade renal, para o que a cantante Aurora Beltrán (ex compoñente do grupo musical “Tahúres zurdos”) compuxo “Invicta”, unha canción onde a figura destas mulleres aparece “Debilitada quizás, pero jamás vencida”.

A enfermidade renal é unha circunstancia que tende a empeorar a situación da muller na sociedade, pola súa potente afectación que ten no proxecto de vida. A presenza dunha patoloxía crónica diminúe a calidade de vida das persoas, e no caso especial da muller vese afectada naquelas cuestión nas que xa existe desigualdade social por motivo de xénero, en aspectos como:

– Conciliación. Se a conciliación da vida familiar é complicada, conciliar o tratamento renal substitutivo co posto de traballo aínda o é máis, xa que se a empresa non é comprensiva, axustar os horarios do tratamento cos da vida laboral, en moitos casos é moi complicado.

– O papel de coidadora. A figura da muller con enfermidade renal non a exime en moitas circunstancias do rol establecido de coidadora familiar, o que supón en ocasións unha dobre carga para a vivencia da familia.

– Invisibilización da sexualidade feminina. As imposicións sociais pretenden que o desexo da muller sexa menos recoñecido que o masculino pos os estándares androcentristas da maioría de formatos de educación sexual. A vivencia da identidade feminina non queda excluída desta realidade.

A enfermidade renal en cifras

A Enfermidade Renal Crónica é un problema de Saúde pública que se estima que afecta no noso país a 4.000.000 de persoas, das cales case 57.000 están en Tratamento Renal Substitutivo (30.000 transplantados e 27.000 en tratamento de diálise). Nos 10 últimos anos o número de persoas que tiveron que iniciar Tratamento Renal Substitutorio aumentou un 11,58%, actualmente hai case un 22% máis de persoas que necesitan diálises para sobrevivir que hai 10 anos e, aínda que o número de transplantes renais aumentou case un 35% con respecto ao ano 2006, a lista de espera non só non diminuíu senón que aumentou en 139 persoas. Case 4.000 persoas con enfermidade renal crónica falecen cada ano antes de recibir o seu transplante.

Dende a Federación ALCER Galicia, e as nosas entidades membro, queremos invitarvos a acompañarnos nas diferentes actividades que temos previstas por toda a xeografía galega, para darlle visibilidade ás mulleres, no seu Día, e en particular ás nosas loitadoras, que sofren dobre discriminación por ser mulleres e, ademais, ter unha discapacidade orgánica.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.