Alejandro Gómez recibe a medalla como Vigués Distinguido do ano 2020

Nun acto celebrado no Concello, Abel Caballero entregoulle a medalla ao atleta vigués que, acompañado da súa familia máis próxima, dixo sentirse honrado de recibir este galardón.
Publicado por o día 24/07/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Alejandro Gómez recibe a medalla como Vigués Distinguido do ano 2020

O alcalde puxo en valor a traxectoria de Alejandro Gómez e amosouse “orgulloso” de entregarlle a medalla no nome da cidade recoñecendo unha traxectoria profesional “excepcional”. Alejandro Gómez foi 3 veces olímpico, 41 veces internacional con España, plusmarquista español xuvenil de 5.000 e 10.000 metros, campión de España de 10.000 metros en cinco anos, campión de España de media maratón dúas veces e de Cross tamén en dúas ocasións e ostenta a marca de España de maratón na súa primeira participación en Róterdam 1997.

Caballero sinalou que “queremos que a partir de hoxe teña a súa medalla de Vigués Distinguido e teña todo o aplauso da cidade aínda que a entrega, por razóns de seguridade sanitaria, teña que ser de forma discreta no número de asistentes, o que non resta ningún mérito ao galardón que recibe”.

O rexedor referiuse ao acto como unha “entrega singular” que se adianta ao acto co resto dos premiados este ano, que se celebrará proximamente.