Alerta desactivada: Apareceu Ánxela Isabel a moza desaparecida entre Oroso e Ordes

Ánxela Isabel Blanco Lesta sufriu un brote psicótico, segundo a súa familia, e sospéitase que pasou a noite á intemperie
Publicado por o día 17/11/2019 na sección de Galicia,Sucesos

Alerta desactivada: Apareceu Ánxela Isabel a moza desaparecida entre Oroso e Ordes

A muller que desparecera a mañá do sábado no municipio coruñés de Ordes foi atopada na parroquia de Santa Cruz de Montádevos, tamén sita en Ordes, ao fío das 11,00 horas deste domingo.

Segundo confirmaron fontes da Policía Local da localidade a Europa Press, os efectivos que participaban no operativo de procura atoparon a Ánxela Isabel Blanco Lesta “consciente e fisicamente ben” esta mañá.

A muller desapareceu o sábado, por mor dun brote psicótico do que avisaron os familiares aos servizos de emerxencias cando deron a voz de alarma. A Policía Local e a Garda Civil empezou a buscala na mesma xornada do sábado, cesaron a procura pola noite e esta mañá renovárona xunto con membros de Protección Civil e veciños da zona.

PASO A NOITE AO DESCUBERTO

Diversas fontes explicaron que Ánxela pasou a noite á intemperie e a esta hora da mañá os servizos de emerxencia desprazáronse ata o lugar no que foi atopada para prestarlle auxilio.

Con todo, “a situación aínda está sen controlar” e os axentes traballan para convencela de saír dese lugar e que acepte subirse a unha ambulancia. “Presenta algúns signos de hipotermia e frío”, pero “está fisicamente ben”, manifestou un membro de Protección Civil.

Comentar noticia

Your email address will not be published.