Alerta en Nigrán por un incendio na zona miradoiro e merendero de Monteferro

Publicado por o día 03/08/2020 na sección de Galicia,Medio Ambiente,Nigrán,Sucesos

Alerta en Nigrán por un incendio na zona miradoiro e merendero de Monteferro

Alarma en Nigrán e Baiona ao declararse a última hora deste domingo un incendio en Monteferro. Varios particulares chamaron aos servizos de emerxencia ao ver as chamas no alto do miradoiro.

O lume, visible desde toda a comarca, localízase na zona do merendero. Nestes momentos despregouse un operativo de emerxencia para extinguir o incendio coa maior celeridade posible.

O alcalde do municipio, Juan González, desprazouse á zona para supervisar as tarefas de Bombeiros, Policía Local, Garda Civil e GES do Val Miñor.

A Policía Local encargouse de pedir aos donos dos coches aparcados nas inmediacións que os retirasen para permitir o acceso aos servizos de emerxencias.

O lume no icónico monte nigranés, onde se celebran diferentes actividades e concertos -está prevista a actuación de Carlos Núñez este mes de agosto-.

Comentar noticia

Your email address will not be published.