Álex Mazaira do FC Barcelona, visitou Campus de Verán do C. B. Seis do Nadal – Coia

Publicado por o día 02/07/2015 na sección de Baloncesto,Deportes

Álex Mazaira do FC Barcelona, visitou Campus de Verán do C. B. Seis do Nadal – Coia

Álex Mazaira, xogador galego nado en Ourense e actualmente nas filas do FC Barcelona, visitou esta mañá a tódolos nenos e nenas participantes no Campus de Verán 2015 “Xornadas de Tecnificación” que organiza o club Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia nas instalacións do Colexio Seis do Nadal.

Álex Mazaira, xogador que chegou a La Masía en categoría cadete, disfrutou na actual tempada 2014/2015, como xogador júnior, de moitos minutos co filial blaugrana na LEB Plata, terceira categoría do baloncesto español; e tamén debutou na pasada campaña 2013/2014 na LEB Oro, segunda categoría a nivel nacional. Na tempada pasada 2013/2014 participou coa Selección Española U17 no Mundial de Dubai proclamándose cuartos do mundo e xa participou coa Selección Española U18 no Torneo de Gdansk (Polonia) no pasado mes de decembro.

Tódolos nenos e nenas do Campus de Verán 2015 do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia tiveron a oportunidade de escoitar a experiencia de Álex Mazaira e de facerlle preguntas sobre toda a súa traxectoria. O deportista do FC Barcelona respondeu a tódalas cuestións que lle preguntaron os nenos e nenas do campus e rematou a súa visita animando a tódolos xogadores e xogadoras a traballar e esforzarse para conseguir cada un dos seus soños.

PRENSA ÁREA DEPORTIVA C. B. SEIS DO NADAL – COIA