Alexandra Fernández afirmou que “temos a oportunidade de construir un futuro alternativo

Subliñou que o “26-X será a segunda volta onde desta vez si imos gañar”
Publicado por o día 18/06/2016 na sección de Elecciones 26J,En Marea,Política

Alexandra Fernández afirmou que “temos a oportunidade de construir un futuro alternativo

Vanessa Angustia: “Nunca máis un país no que se pechan escolas. Nin queremos ningunha morta mais neste país”. E Ángela Rodríguez “Pam” denunciou que 100.000 persoas morreron sen perceber as axudas de Dependencia.  

A cabeza de lista de En Marea por Pontevedra, Alexandra Fernández, a número dous, Ángela Rodríguez, o número 3, Josúe Villar, a candidata ao Senado, Vanessa Angustia e Méndez Ferrín, participaron este serán nun acto en Gondomar no que resaltaron

A cabeza de lista de En Marea por Pontevedra, Alexandra Fernández, enfocamos esta campaña como unha continuación porque non voltamos a empezar. “Unha segunda oportunidade que temos para falar con vós”. Apelou á necesidade de reflexionar sobre o momento histórico que estamos  viver. “Somos conscientes de que estamos a loitar contra unha ditadura da vontade”, en clara referencia á vulneración dos dereitos, aos recortes en educación, sanidade e en servizos sociais. “Agora Rajoy está a avanzar que fará os recortes que pide Juncker”, advertiu. “Vivemos un momento de probeza infantil e desigualdade, e nun momento asi sabemos discernir e formar candidaturas de unidade popular. Damos respostas condundentes con estas candidaturas de unidade popular con ilusión e intelixencia”.

Enfatizou que “confiamos en vós, tivemos uns resultados moi bos nas anteriores pero terémolos mellores o 26-X. O primeiro servizo que imos facer é rematar coas dereitas no gobernó do estado”. Afirmou que somos ese suxeito político galego e queremos “que o centro de decisión sexan as prazas”.
Resaltou que “hoxe temos a oportunidade de construir un futuro alternativo, xogámonos elexir entre a ditadura da Troika ou o goberno da xente, e só podemos facelo se contamos con todos vós. “Non habeá cambio se vos non participades”.

Ángela Rodríguez sinalou que é importante a situación da segunda volta. “As elecións do vindeiro 26-X. Para min é extraordinario que en cada vila e en cada cidade veña xente a escoitarnos a pesares do cansanzo xeralizado”. Explicou unha anécdota cunha médica que está “farta de receitar anti depresivos”, en clara alusión ao difícil panorama actual.  Afirmou que “esta segunda volta pode ser algo ventaxoso e hai votos que poden mudar. É unha campaña que se vai facer en cada casa, con cada persoa”. Puxo en valor o feito de que “nesta campaña coñecedes ás equipas. Subliñou que “non somos a xente que se senta nos Consellos de Administración, somos xente normal”.
Criticou o feito de que 100.000 persoas morreran antes de receber ningún tipo de axuda da Lei de Dependencia. “Xa sabemos que sucede cando gañan eles”.  Pediu revertir esta situación.

A candidata ao Senado, Vanessa Angustia puxo de manifeseto que “En Marea é a forza política de todos vos, non somos nos. Sodes a xente que cada día estades nas rúas, a xente que nunca dubida e mirades para adiante, e hai seis meses estaba eu aquí falando de programa e hoxe estou para falar de gobernó. “Nunca debemos perder as institucións que son do pobo”.  Galiza só pasará por te un modelo produtivo distinto, que non pasa por estar ENCE na ría, que a xente do rural poida vivir do agro. Fixo un recoñecemento claro á aportación da xente ao proxecto de En Marea. “Nunca máis un país no que se pechan escolas e que a Xunta quere pechar. Non queremos ningunha morta mais neste país, e apostamos por un Goberno que defenda ás nosas mulleres”. En Marea, dixo, “sae para gañar e para que este país teña un futuro digno para este país”.

Josúe Villar indicou que En Marea “está aquí para recuperar a cidadanía, criticando que mentras sexa o IBEX35 quen diga quen ten que producir, este mundo está destinado á miseria. En Marea está aquí para cámbialo todo”. Para iso precisamos ferramentas como unha banca pública, un novo modelo produtivo e unha renda básica para evitar a exclusión social. Dirán que non hai cartos, pero cartos temos pero están na evasción fiscal e en Panamá. Puxo de manifestó que é preciso recuperar os cartos roubados para recuperar os servizos públicos. Apelou a loitar por unha Europa solidaria

Eva Solla manifestou que “imos ter un tereiro deputado na provincia de Pontevedra. Estamos no ecuador da campaña e a Marea está subindo”. Alertou sobre os medos do PP, que “intenta axitar o medo para que a xente non vote a unión da esquerda porque En Marea é xa a segunda forza e disputamos o poder ao PP”. Aludiu ás críticas de Pedro Sánchez a En Marea, que incluso nos acusou de que non se puidese ter revisado a prórroga de Ence, “cando a realidade é que fomos o único grupo que o levamos ao Congreso”. Hai que ter claro que “o inimigo é o PP”. Advertiu sobre o medo que axita o PP cando “o medo é non poder prender a calefacción, medo da que un cuarto de nenos en Galiza sexan probes, medo da a fenda salarial, medo da que 300 sindicalistas estean encausados por defender os nosos dereitos laboráis”. Tamén denunciou “a estafa que supón a débeda”.

Méndez Ferrín explicou que “o presente ten raíces no pasado, somos fillos do noso pasado. A dereita aconséllanos sempre que esquezamos e teñamos unha cruz do Val dos Caídos no corazón. Nós queremos lembrar, non queremos esquecer, en alusión á Lei da Memoria Histórica. Lembrou aos mortos: “a Garrote, primeiro comunista asasinado”, tivo lembranzas para. Castelao. “Fronte ao fascismo non podía haber outra resposta que a unidade, en alusión á fronte popular. Houbo galeguistas que no 36 acusaron a Castelao de ir cos españolistas, como sucede hoxe pero abrímoslles os brazos para que veñan con nós”.  Censurou o carácter anti democrático da Troika que non elixe ninguén toma medidas contra nos.