Alexandra Fernández: “Imos ser os altofalantes que levarán as demandas e intereses dos galegos e galegas diante do Goberno do Estado”

A Praza do Pobo Galego de Vigo acolleu esta tarde o acto central de En Marea no primeiro día de campaña.
Publicado por o día 10/06/2016 na sección de Elecciones 26J,En Marea,Política

Alexandra Fernández: “Imos ser os altofalantes que levarán as demandas e intereses dos galegos e galegas diante do Goberno do Estado”

O voceiro do Grupo Municipal de Marea de Vigo, Rubén Pérez, foi o encargado de presentar o acto. Unha presentación que arrincou a eso pasadas as 20:08h, dita presentación Rubén Peréz destacou a necesidade de lograr o cambio de Goberno no Estado o vindeiro 26 de xuño para lograr con el que cambien tamén os Concellos onde as Mareas municipalistas están xa a gobernar e tamén nas que están na oposición. “O cambio de Goberno no Estado permitirá aos Gobernos das Mareas permitirá devolver a xente o que foi seu” afirmou Rubén Pérez,  cumprindo así o seu compromiso e acadando o éxito poñendo en marcha políticas pensadas nas persoas”.

O número 3 por En Marea, Josúé Villar, quen será segundo as enquisas do CIS a partir do 26 de xuño deputado de En Marea no Congreso denunciou “as mentiras ás que nos teñen acostumados dicindo que non hai recursos pero si os hai, están nos papeis de Panamá e en todos os seus recursos de poder e corrupción. Os que van de patriotas só humillan a sociedade e empregan os cartos para os seus propios beneficios. Nós queremos unha sociedade dignificada, crítica, libre  e ben informada. Para iso necesitamos traballo. Todos nacemos con sangue vermella e co corazón no lado esquerdo, non queremos príncipes de sangue azul”.

A candidata ao Senado por Pontevedra , Vanessa Angustia, destacou que estamos no momento dos feitos, “de deixar que a nosa xente, que vos, que nós, que o pobo sexan as institucións”. Como candidata ao Senado salientou que “para facer o que queiramos facer co Senado primeiro temos que o tomar, estar dentro, para  derrogar as leis inxustas que cada día nos afogan a nós e a toda á nosa xente, derrogar o infame artigo 135 necesitamos unha maioría de cambio”.  “Por iso pido un esforzo para poder sacar adiante tamén este proxecto de país. Se despois o noso proxecto é dinamitalo escano por escano, fagámolo pero para iso temos que entrar” asegurou. “Sexamos o contrapoder na rúa, non somos capaces de ser sen vós, e este vai ser o verdadeiro cambio” afirmou. A candidata ao Senado rematou a súa intervención poñendo en valor “o que os movementos sociais, as Mareas municipalistas lograron pero tamén o esforzo e a loita de todos e todas os que estiveron con nós desde o primeiro momento”.

O seguinte en intervir, foi o portavoz do Grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda e portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, quen salientou que En Marea “é a expresión por primeira vez da historia contemporánea de rebelión cívica, a emerxencia da cidadanía como protagonista militase ou non en partidos políticos. A mudanza política mais importante dos últimos 15 anos. Toda a cidadanía do común que berrou ‘non nos representan’ están aquí. Iso foi o que emerxeu das mareas municipais e mudou as cousas”. Beiras destacou que “temos que gañar porque hai que varrer do Senado unha panda de chimpancés, con perdón dos chimpancés, que están para chupar do forro como Rita Barberá”.  “Adoitase dicir que da terceira vez vai a vencida, desta vai ir a segunda, e van fuxir coma ratos cando vexan todo o conxunto de Podemos, do Pais Valenciá, de En Comú Podem e das Mareas. Imos ser a primeira forza no Congreso , non a segunda pois o PP está podre e só se move polos vermes que ten dentro. As siglas son o de menos, o importante é a esquerda social” afirmou.“Adoitase dicir que da terceira vez vai a vencida, desta vai ir a segunda, e van fuxir coma ratos cando vexan todo o conxunto de Podemos, do Pais Valenciá, de En Comú Podem e das Mareas. Imos ser a primeira forza no Congreso , non a segunda pois o PP está podre e só se move polos vermes que ten dentro. As siglas son o de menos, o importante é a esquerda social” afirmou.  Xosé Manuel Beiras sinalou na súa intervención dúas mensaxes perversas reiteradas desde o poder. Unha que os culpables de que non se puidese resolver a investidura eramos vós e nós e outra que se repetían as eleccións o resultado ía ser igual. “Xa as enquisas din que non todo vai ser igual. Que imos ser a primeira forza e que imos varrer a esa peste bubónica que é o Partido Popular” vaticinou Beiras.

A número 2 de En Marea por Pontevedra, Ángela Rodríguez agradeceu que a xente continúe a encher as prazas para apoiar a En Marea. É a xente a que fai que En Marea exista, sen vós non sería posible estar nas institucións. “Nesta segunda volta xa coñecemos ao noso equipo, coñecemos os nosos erros e os arranxamos, pero tamén coñecemos o campo e o campo e noso. Conseguimos que a política se teña que facer doutra forma e iso non ten marcha atrás” afirmou. “Este país non pode aturar máis a tristura, non podemos aturar máis un Goberno do PP, non só porque as súas políticas son ineficaces senón porque é imposible seguir adiante, non queremos vivir nun país no que non hai futuro” destacou Ángela Rodríguez. Na súa intervención a número 2 por Pontevedra puxo en valor o xa logrado durante estes meses polos deputados e deputadas de En Marea como foi aprobar a “saída de Ence da Ría, a saída de Reganosa, a paralización da LOMCE, que as mulleres asasinadas pola violencia machista teñan un fogar ao que acudir, nos puxemos enriba da mesa un xeito de gobernar e iso vai saír para adiante, eles o saben e por iso teñen tanto medo” concluíu.

A cabeza de lista de En Marea por Pontevedra, Alexandra Fernández,  foi a encargada de pechar o acto de Vigo cun discurso centrado no momento histórico que estamos a vivir pero tamén nos retos nos que é preciso avanzar. “A nosa realidade é a realidade da débeda, do paro, dunhas políticas laborais que nos levan á precariedade, os desafiuzamentos, a pobreza infantil, a perda de soberanía ante a UE, esa é a nosa realidade e o principal motivo que nos leva a participar unha vez máis e o que nos leva a dicir que o primeiro servizo público que imos cumprir vai ser botar ao goberno de dereitas, temos unha oportunidade histórica e o imos conseguir” anunciou Alexandra Fernández. Na súa intervención asegurou que diga o que diga a Mesa do Congreso, Galicia vai ter como xa tivo, “altofalantes que levarán as demandas e defendan os intereses dos galegos e das galegas ante o Goberno do Estado, queiran ou non”. “Queremos que Galiza teña capacidade de construír a súa propia casa e estamos tamén facendo que ese proxecto sexa tamén unha realidade. Construír en colectivo desde a diversidade dos pobos, camiñando cara a reconfiguración do Estado no que Galicia ten que ter voz propia”.  “Non podemos entender o presente sen mirar ao pasado, o pasado da indignación, pero miramos tamén cara ao futuro, un futuro prometedor para En Marea e será a alternativa a Alberto Núñez Feijóo. En Marea vai gañar a Xunta de Galicia e vai gobernar o noso país tamén despois das vindeiras eleccións autonómicas. Colaboraremos no Estado para lograr o cambio de Goberno pero despois tamén gañaremos a Xunta” sentenciou Alexandra Fernández. A cabeza de lista por Pontevedra rematou salientando as ideas que fundamentan a En Marea como son “fraternidade, cooperación, radicalidade democrática, defensa de Galicia e apoio as políticas para as maiorías sociais agredidas. Estes termos nos sitúan no territorio exacto da ética a este proxecto no que navegamos todos e todas. Imos a gañar. Hai Marea”.

ilcanallarubens_en marea_praza pobo galego_Vigo_2016 ilcanallarubens_en marea_praza pobo galego_Vigo_Pontevedra_2016_MG_7115

Una respuesta para "Alexandra Fernández: “Imos ser os altofalantes que levarán as demandas e intereses dos galegos e galegas diante do Goberno do Estado”"