Alexandra Fernández: “En Marea disputará ao PP o Goberno da Xunta”

“Seremos quen de botar fóra a Feijoó, o goberno máis anti galego e corrupto” – afirma a candidata de En Marea
Publicado por o día 13/06/2016 na sección de Elecciones 26J,En Marea,Política

Alexandra Fernández: “En Marea disputará ao PP o Goberno da Xunta”

Xosé Manuel Beiras loubou á xente que se organiaou en plataformas e “as frozas que tivemos a lucidez de ver que o motor estaba na cidadanía, esa marea que en pouco tempo chegou a 400.000, vai ser máis viva agora, fagan o que fagan, e vai chegar á ria”.

Este mediodía tivo lugar na alameda de Marín, as Conversas con En Marea na praza, na que participou a cabeza de lista de En Marea por Pontevedra, Alexandra Fernández, Xosé Manuel Beiras, Sandra Pesqueira e Sofía Abal. Un acto que foi seguido dun coloquio aberto coa xente que acudiu.

Alexandra Fernández, cabeza de lista de En Marea por Pontevedra, apelou á “esta segunda oportunidade que temos para voltar a atoparnos e construir unha ferramenta útil para transformar as cousas”. Animou a transformar a realidade que “soportamos: corrupción, débeda inxente, a probeza infantil, o sometemento dos pobos á unha UE, e que son os rasgos do que vivimos. Somos quen de pór os obxectivos claros e ver o prioritario, a contundencia do ataque neoliberal ao que temos que dar respostas contundes”.

Alexandra Fernández destacou o obxectivo básico: “o 26 x, o primeiro que imos facer é instalar un sevizo público imprescindíibel e botar ás dereitas do estado. Estamos fartas de dereita elitista e corrupta que goberna en contra das maiorías sociais. E estamos no momento no que podemos conseguilo”.
A número 1 por Pontevedra salientou a necesidade dunha “Europa dos pobos. Queremos  que Galiza teña voz na construción dun novo modelo de estado. Demostramos que somos quen de levar a voz da cidadanía galga e voltaremos  levar ENCE fora da ría e defender os intereses dos galegos e galegas. Traballaremos por e para a xente”.

Alexandra Fenández subliñou que “vivimos un momento hitórico e debemos construir para o futuro. EN Marea ten moito futuro, somos a forza que disputaremos ao PP o goberno da xunta e seremos capaz de bota fóra a Feijoo, o goberno  máis anti galego e corrupto. Ímolo botar”.

Advertiu dos ataques a En Marea, “non lles vai funcionar a campaña do medo, estamos a construir a alternativa e un país diferente, esos son os nosos petos. Os petos deles son os papeis de Panamá e as contas de Suiza. Debemos cambiar o xeito de facer política. Animamos a participar nas mareas municipalistas”. Apelou á fraternidade, á radicalidade democrática e a defensa de Galiza”.

Beiras vivimos unha campaña con elementos de anti campaña, pero “nós non estamos financiados pola banca nin polos cartos de Panamá nin temos contas en Suiza, facemos a campaña desta maneira. Aquí nunha praza, e convencidos de que En Marea vai ser máis viva agora que en decembro”. O voceiro nacional de Anova indicou que “tivemos a lucidez de comprender que a maior parte non representaban aos cidadáns e incumpría o contrato cos cidadáns, un poroceso de defraudamento que deu lugar a que a xente se tivese que organizar como nas plataformas e desafiuzamentos, preferentes, paro e mercantilización da sanidade”, poñendo como exemplo o monstruo do Hospital de Vigo e criticando a privatización feita por Feijoó.

Beiras loubou á xente que se organiaou en plataformas e “as frozas que tivemos a lucidez de ver que o motor estaba na cidadanía, esa marea que en pouco tempo chegou a 400.000, vai ser máis viva agora, fagan o que fagan, e vai chegar á ria, entrar a Lourizán”. O portavoz de Anova lembrou o Nunca Máis do chapapote e censurou  a ineficacia e incompetencia do “Señor dos Hilillos e de Asnar, proceso no que tivo que ser a cidadanía a que impediu que o chapapote chegara ás rías. Foi o precedente das mareas, é o espíritu de Nunca Mais”.

Beiras criticou ao Goberno en funcións de Rajoy por ter feito a “falcatruada de renovar Ence pero a marea vai arrastrar a peideira ate a foxa atlántica”.

Sofía Abal abriu o acto manifestando que “imos recuperar o poder da cidadanía secuestrada pola brigada de demolición”. Tivo palabras de recoñecemento ao labor e a loita incansábel de Xosé Manuel Beiras, e ao traballo de Alexandra Fernández.
Pola súa parte, a portavoz do grupo municipal de En Marea en Marin, Sandra Pesqueira, afirmou que “estamos ante un novo repto eleitoral, unha nova oportunidade para que a cidadanía se sinta representada nas institcións, podemos mudar as políticas que os tristes nos están están a impór.

Recortes, fame e probeza que proceden do mesmo inimigo”.
Fixo unha avaliación de como se conformou AGE e “chegamos aos concellos de vilas e cidades que apostan polo ben común, cun código ético, que traballamos pola remunicipalización, e todo aquelo que os altofalantes do PP dicían que non era posíbel, pois sí é posíbel”.
Fixo unha critica do labor da alcaldesa, e como “nós percorremos as parroquias e falamos coa xente, esa xente á que á alcaldesa deu as costas”. Exemplificou a súa afirmación falando de que “estivemos ao lado de veciños de Seixo para a recuperación do camino de Aguete, demandamos medidas de seguridade vial para Aldán, e non uso de pesticidas para o noso concellos, que exiximos cursos fitosanitarios gratuitos para a nosa vila, e plan integral de movilidade para persoas con problemas de movilidade”.