Ángela Rodríguez: “Debemos darlle o valor que merece que sexamos a xente normal a que esteamos hoxe nos carteis electorais de En Marea.”
Moaña 5/6/2015-. No colexio Reibón de Moaña, a candidata número un de En Marea por Pontevedra, Alexandra Fernández, centrou o seu discurso en tres eixos: a importancia da mobilidade e a ordenación do territorio para que o Morrazo teña unha conexión racional e atenta á vida das persoas; as medidas programáticas de En Marea no que respecta ás guerras en Medio Oriente e ao papel da OTAN; e a necesidade de que todos os agredidos pola crise gañen o futuro votando para “declarar unha folga xeral ao inverno.”
Pola súa banda, Ángela Rodríguez, número 2 da candidatura por Pontevedra, fixo fincapé no valor de que as candidaturas de En Marea estean compostas por “xente normal”, por xente que fai política desde abaixo e “cun sorriso na cara”. Lembrou tamén o papel decisivo das nais e avoas que se encargan dos coidados e que levan tanto peso neste momento de precariedade.
Rubén Pérez, concelleiro da Marea de Vigo na cidade olívia, sinalou que“Galicia é un espello para todo o Estado sobre como levar a cabo a Unidade Popular.”
Pola súa banda Méndez Ferrín dixo que aínda que haxa quen queira facer crer que as cousas sempre foron iguais e que nunca houbo cambios “Se algo nos ensina a Historia é que todo se transforma, que nada permanece igual. Se hai cambio climático, como non vai haber cambio político.”
PRENSA EN MAREA
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.